PRESIÓN FISCAL
A resposta do concelleiro de facenda é a mesma que ten o PP para cada denuncia, o malo é o BNG, sabemos ben quén é o que lles molesta porque non cala ante as súas mentiras e manipulacións.
Insistimos, o pior deste goberno bipartito actual é o maior incremento de presión fiscal á cidadanía da historia de Cangas. Precisamente en pleno periodo da maior crise social e económica das últimas décadas, estamos a sufrir o maior incremento da presión de taxas e impostos dos últimos anos. O Imposto do IBI, popularmente a Contribución Urbana, co seu incremento do 50% e solicitando ás agochadas unha suba a maiores do 12%, supera en cuantía o Catastrazo histórico de finais dos anos 80, de nefasta lembranza. O Imposto de Veículos, onde para os coches medios, vense de incrementar, esta vez promovido exclusivamente polo goberno de Sotelo, en máis dun 30%. Seguiríamos coa Escola de Música e Conservatorio, cos Vados de acceso a edificios, especialmente ás comunidades de veciños, novas taxas para pagar duas veces polo tratamento de lixo a Sogama …. Estrangulamento da cidadanía en plena crise
Negaronse á municipalizar o servizo do ciclo da auga sacando un concurso para unha concesión/negocio por 25 anos e así dispor de 800.000€ no último ano para mercar vontades e asegurarse a permanencia no poder en lugar de velar polos intereses dos cidadáns.
Isto é o que hai que sinalar, a presión fiscal é insufrible para a maioría das persoas pero eles presumen porque rebaixan o Remanente de tesourería (non dí que aumentan o endebedamento nun 131,48%) e pretenden darnos leccións cando son os menos indicados porque teñen moito que calar.
Cangas, 01 se setembro de 2014
M. Giráldez
Grupo Municipal do BNG
Ningún comentario:
Publicar un comentario