O Consello Local do BNG en Cangas fixou o Sábado 20 de Setembro ás 19:00 horas para o inicio do proceso de convocatorias abertas a tódalas persoas interesadas en reforzar a alternativa nacionalista do noso concello.
Celebrarase unha Asemblea Aberta na Casa da Cultura en Rodeira onde se poderán prantexar todo tipo de iniciativas, suxestións e reflexións encamiñadas a construír un espazo de colaboración que dea resposta firme ao ataque sistemático aos dereitos sociais e ao retroceso democrático que estamos a sofrer polas políticas que está a perpetrar o PP dende o Goberno Central, a Xunta de Galicia e o Concello de Cangas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario