Cales son os eixos programáticos fulcrais da candidatura do BNG de Cangas?
Temos un programa transversal e consensuado de governo que dá resposta ás necesidades do noso pobo, centrado na participación cidadá, as políticas sociais e o desenvolvemento local de Cangas. A prioridade está en crear dinámicas económicas e participativas que reactiven a economía, sentar as bases para favorecer o emprego e dar voz á cidadanía nos asuntos e intereses dos veciños e veciñas de Cangas. É moi importante a constitución de novos espazos de diálogo e conexión entre a cidadanía e as autoridades públicas, é dicir, de Democracia Participativa, así o sentimento de pertenza colectiva e a propia vinculación co concello vense fomentadas e reforzadas.
Mercedes Giráldez Santos
Candidata do BNG de Cangas ás municipais de maio 2015

Ningún comentario:
Publicar un comentario