xoves, 9 de abril de 2015

FOTO DENUNCIA PETRÓGLIFO DAS ABELAIRES

FOTO DENUNCIA
Petróglifo das Abelaires estado actual. 
En xaneiro de 2013 o BNG presentou unha moción instando ao acondicionamento e posta en valor do petróglifo das Abelaires situado na parroquia de Aldán, no lugar de Gandón, diante das instalacións do punto limpo da mancomunidade.
O PP, daquela, rexeitouna co argumento que tiñan un plan para o acondicionamento e posta en valor do conxunto de petróglifos do noso concello antes do vran do 2013, outra mentira máis do sr. Sotelo que só lle preocupa inaugurar obras de última hora para mercar vontades. O lema "obras son votos" do que sempre fan gala uns meses antes das eleccións locais fronte os incumprimentos e abandono durante toda a lexislatura. Así desprezan o patrimonio arqueolóxico e cultural que prometeron coidar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario