xoves, 9 de abril de 2015

Candidata do BNG á alcaldía de Cangas

MERCEDES GIRÁLDEZ CANDIDATA DO BNG Á ALCALDÍA DE CANGAS.
A Asemblea Aberta celebrada na tarde do sábado, día 31 de xaneiro de 2015, aprobou a proposta do primero tramo de candidatura co que o BNG-Asembleas Abertas concurrirá ás eleccións municipais de maio, co apoio do 100% dos votos, unha proposta pendente de ser ratificada polo Consello Nacional do BNG, que terá lugar o 7 de febreiro.
A candidatura presentada é un reflexo da pluralidade do BNG de Cangas, recoñecemento e respaldo ao traballo feito polo grupo municipal durante este mandato, experiencia e renovación. Un equipo de homes e mulleres con capacidade para asumir a responsabilidade que a veciñanza lles encomende nas urnas, que cren no futuro deste país e deste concello por si mesmos e son conscientes que ninguén de fora vai vir a resolver os nosos problemas, asumindo o compromiso activo por mudar a situación e enfrontar o noso futuro desde a nosa realidade co obxectivo do recoñecemento da existencia e dos dereitos do noso país e do noso concello que non pode soportar mais o sometemento e as decisións que proveñen da centralidade política e económica do estado.
A proposta da Asemblea Aberta que se remitirá ao Consello Nacional do BNG é:
1.- M. Mercedes Giráldez Santos. Autónoma. Actual portavoz municipal do BNG. Cangas
2.- Xoán C. Chillón Iglesias. Profesor do IES de Rodeira. Coiro
3.- Heitor Mera Herbello. Profesor, crítico literario. Concelleiro do BNG. Cangas
4.-Lourdes Rial Pardo. Enfermeira Centro de Saúde de Cangas. Aldán.
5.-Ramón Nogueira Piñeiro. Pensionista do mar, concelleiro do BNG. O Hío
6.- Felipe Vilas Villar. Enxeñeiro telecomunicacións, responsable local do BNG en Cangas. Darbo.
Asimesmo a asemblea decidiu continuar co proceso de asembleas abertas e encontros sectoriais e parroquiais para perfilar o programa de goberno centrado na participación cidadá, as políticas sociais, a promoción do emprego e o desenvolvemento económico local de Cangas. A prioridade está en crear dinámicas económicas e participativas que reactiven a economía, sentar as bases para favorecer o emprego e dar voz á cidadanía nos asuntos e intereses dos veciños e veciñas de Cangas.

Foto: Faro de Vigo

Ningún comentario:

Publicar un comentario