MOCIÓN PARA CREACIÓN DE ÁREAS DE SERVIZO PARA AUTOCARAVANAS
Os últimos datos poñen de manifestó que hai maís de tres millóns de autocaravanas en Europa. Un tipo de turismo itinerante que non está sometido á estacionalidade aínda que con maior movemento no verán, con poder adquisitivo, interese cultural, gastronómico e de actividades na natureza.
No BNG de Cangas entendemos que é necesario habilitar espazos apropiados para este tipo de vehículos que se achegan ao noso concello incentivando este tipo de turismo en alza que deixa beneficios económicos e sociais cunha mínima inversión regulando o estacionamento incontrolado actual.
Corresponde ao Concello establecer servizos que faciliten e fomenten a visita dos turistas e a creación de áreas de servizo para as autocaravanas atraería este turismo itinerante que medra cada ano. Facilitamos ao turista a súa visita ao concello, posibilitamos poder mercar no noso comercio local e outras actividades turísticas e fomentamos a desestacionalización turística. Incluso a propia Xunta de Galiza a través da Secretaría Xeral para o Turismo apoiaba a creación de áreas de servizo axeitadas.
Son ademáis instalacións moi rentables en canto á relación custe/beneficio, moi sinxelas, constan, basicamente dunha billa para o subministro de auga potábel e un sumidoiro para recoller as aguas grises e negras dos depósitos cos que contan os vehículos, ao tempo que é convinte reservar un espazo de aparcadoiro sinalizado.
Normas de uso establecidas polo concello fixando un horario máximo de pernoctación para fomentar a rotación, a correspondente taxa polos servizos de auga e alcantarillado, estas e outras consideracións que poderían ir recollidas nunha ordenanza específica, evitando a proliferación de aparcadoiros incontrolados destes vehículos por todo o concello e facilitando a visita deste tipo de turismo.
En Cangas podemos crear ata 3 áreas, unha en Rodeira, outra na zona de O Hío e outra na zona de Aldán, se hai vontade e visión para buscar a mellor ubicación e dotar dos servizos mínimos o feito de contar cunha área destas características serviría para atraer aos visitantes e reportar beneficios ao noso comercio local.
Por todo isto o Grupo Municipal do BNG de Cangas solicita do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte
ACORDO
1.- O Concello de Cangas creará áreas de servizo/pernoctación para autocaravanas habilitando espazos apropiados para este tipo de vehículos incentivando este turismo en alza e regulando o estacionamento incontrolado.
Cangas, 29 de xullo de 2014
M. Mercedes Giráldez Santos
Grupo Municipal do BNG
Ningún comentario:
Publicar un comentario