RESUMO INICIATIVAS INSTITUCIONAIS GRUPO MUNICIPAL BNG CANGAS 2011
MOCIÓNS PRESENTADAS
3º TRIMESTRE 2011
Nomear unha comisión de investigación con representación de tódolos grupos políticos municipais referente ás multas sen tramitar dende que está informatizado, tal e como se indicou na comisión informativa foi no ano 2004.
Que emita un informe o órgano instructor en relación cos expedientes citados.
4º TRIMESTRE 2011
NOTAS, ROGOS E PREGUNTAS ANO 2011 (Recollemos as máis salientables)
3º TRIMESTRE 2011
- ENMENDA QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL DO BNG AO PUNTO Nº 2 DA MOCIÓN PRESENTADA POR ACE RELATIVA A REGULACIÓN DA OCUPACIÓN DAS TERRAZAS EN DOMINIO PÚBLICO: proposta de acordo para o punto nº 2 da moción.: 2.- As autorizacións de instalacións de terrazas por parte do Concello serán por un período inferior ao ano, a fin de non consolidar unha concesión administrativa tal e como establece o art. 86.2 da Lei de Patrimonio das Administracións Públicas, negociando o Goberno Municipal con Portos de Galicia para que fagan o mesmo nas da súa competencia. As tasas pola ocupación de espazo público das terrazas establecerán un prezo para a tempada alta de verán e inferior na tempada baixa a fin de non gravar ó sector hosteleiro nunha tempada onde os ingresos son sensiblemente inferiores.
- MOCIÓN FUNDACIÓN BERNARDINO GRAÑA
- MOCIÓN ACORDO PARA ASINAR CONVENIOS COA UNIVERSIDADE DE VIGO
- ENMENDA DO GRUPO MUNICIPAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE CANGAS DIANTE DA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE UPAC RELATIVO AO NOMEAMENTO DUNHA COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN REFERENTE ÁS MULTAS SEN TRAMITAR:
Nomear unha comisión de investigación con representación de tódolos grupos políticos municipais referente ás multas sen tramitar dende que está informatizado, tal e como se indicou na comisión informativa foi no ano 2004.
Que emita un informe o órgano instructor en relación cos expedientes citados.
- · MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG PARA A INMEDIATA POSTA EN MARCHA DO COMEDOR ESCOLAR DO CEIP A RÚA
- MOCIÓN PARA O CONTROL DAS ABUSIVAS COMISIÓNS BANCARIAS
- MOCION SOBRE DERROGACIÓN DA ORDE POLA QUE SE APROBAN OS PREZOS MEDIOS NO MERCADO DE DETERMINADOS INMÓBEIS RÚSTICOS E URBANOS SITUADOS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALIZA PARA OS EXERCICIOS 2010 E 2011
- MOCIÓN SOBRE AS DEVOLUCIÓNS CORRESPONDENTES ÁS LIQUIDACIÓNS NEGATIVAS DA PARTICIPACIÓN NOS INGRESOS DO ESTADO
- MOCIÓN PARA A RESTITUCIÓN DE AXUDAS AOS CONCELLOS EN MATERIA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.
4º TRIMESTRE 2011
- MOCIÓN DO BNG PARA AMPLIACIÓN DAS ZONAS PEONÍS DO CENTRO DA VILA E FACER EFECTIVAS AS PEONALIZACIÓNS EXISTENTES
- MANIFESTO PRESENTADO POLO BNG CON MOTIVO DO DIA DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
- MOCIÓN URXENTE DE CREACIÓN DE GRUPO DE TRABALLO DA SANIDADE PÚBLICA DO MORRAZO
- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOBRE O SERVICIO DA FUNDACIÓN PREESCOLAR NA CASA.
- MOCIÓN SOBRE OS RECORTES DO PLAN CONCERTADO DA XUNTA DE GALIZA
- MOCIÓN SOBRE MODIFICACIÓN DA REGULACIÓN HIPOTECARIA
- · MOCIÓN SOBRE A ANULACIÓN DA TARXETA SANITARIA ÁS PERSOAS DESEMPREGADAS E PERSOAS SEN RECURSOS ECONÓMICOS
NOTAS, ROGOS E PREGUNTAS ANO 2011 (Recollemos as máis salientables)
- 21-Xuño-2011: Sobre o anuncio dunha liña de barco entre Vigo e Nerga formuláronse 14 preguntas sen resposta do alcalde. Remitiuse nota de prensa aos medios.
- 10- Xullo- 2011: Sobre o Centro de Saúde Hio-Aldán
- 14-Xullo- 2011: 3 preguntas sobre a cobertura da vacante por vacacións do médico do consultorio do Hio.
- 15- Xullo- 2011: Centro de Saúde Hio-Aldán. Formuláronse 3 preguntas sen resposta. Remitiuse nota de prensa.
- 16-Xullo-2011: Sobre o informe de deficiencias nas praias de Cangas detectadas polo organismo que otorga as Bandeiras Azuis aos areais e os recortes en persoal de salvamento e socorrismo.
- 29-Xullo-2011: Sobre o Anteproxecto de Decreto polo que se aproba o regulamento do réxime económico e financeito do Canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais.
- 07-Agosto-2011: Nota apoio e solidaridade aos veciños do Hio pola súa manifestación a prol do sustituto do consultorio médico e a construcción do Centro de Saúde Hio-Aldán.
- 09-Agosto-2011: Sobre a recepción e visita de Louzán ao concello despois de 4 anos desaparecido, e os motivos de non acudir á mesma.
- 10-Agosto-2011: sobre o proxecto da Praza da Constitución que comezou o anterior gobernó liderado polo Bng e recordatorio das obras de remodelación no casco proxectadas e executadas polo anterior goberno municipal que o PP minimiza e vende como súas.
- 21-Agosto-2011: Sobre as queixas dos usuarios pola falta de auga quente nas pistas de atletismo e as declaración do alcalde acusando ao gobernó anterior e preguntas rexistradas polos recortes en persoal e as contratacións irregulares de destacadas militantes do pp
- 24-Agosto-2011: Sobre o recorte e supresión de ambulancias e apoio á concentración que se vai facer en Marín contraria a estes recortes.
- 02-Setembro-2011: Preguntas rexistradas sobre a posta a punto dos centros de ensino para o comezo do curso e sobre o comedor escolar da Rua. Nota de prensa
- 07-Setembro-2011: Apoio á manifestación unitaria do día 9 en Santiago e os paros convocados por tódolos sindicatos polos recortes no ensino público e a carga lectiva dos mestres de infantil e primaria.
- 09-Setembro-2011: Sobre os recortes en ensino do PP da Xunta e o antidemocrático pacto para levar as políticas de recortes sociais á propia Constitución española do PP e do Psoe estatal
- 10-Setembro-2011: sobre o Parque Industrial do Morrazo.
- 11-Setembro-2011: sobre a eliminación por parte da Xunta das axudas aos concellos para a promoción do uso da lingua galega.
- 15-Setembro-2011: Sobre a desaparición da caixa galega e a súa transformación nun banco controlado por capital estranxeiro.
- 16-Setembro-2011: Sobre a sintonía económica e fiscal do PPsoe polo Imposto de Patrimonio
- 18-Setembro-2011: Preguntas e nota de prensa sobre o Centro de Saúde Hio-Aldán.
- 21-Setembro-2011: Preguntas e nota de prensa sobre Sanidade: novo hospital de Vigo e CAR do Morrazo.
- 22-Setembro-2011: Sobre os recortes en axudas para os concellos tanto en cultura como en normalización lingüística do PP da Xunta.
- 25-Setembro-2011: Sobre a petición do Bng da derogación da orde pola que se aproban os prezos medios no mercado de inmóbeis rústicos e urbanos na Galiza para os exercicios 2010 e 2011 con carácter retroactivo.
- 25-Setembro-2011: Preguntas rexistradas sobre o Parque Industrial, a Piscina Municipal, e a Depuradora.
- 07-Outubro-2011: Preguntas sobre o Centro de Saúde Hio-Aldán.
- 08-Outubro-2011: Sobre as deficiencias do servizo de salvamento en areais e a irregularidade nas finalizacións de contrato.
- 20-Outubro-2011: Sobre o comedor escolar da Rua
- 23-Outubro-2011: Sobre as políticas do PP de Cangas na área de xuventude.
- 08-Novembro-2011: Preguntas ao alcalde e nota de prensa sobre o desvío do persoal concedido nos plans de emprego da Xunta de Galiza
- 09-Novembro-2011: Pregunta ao alcalde e nota de prensa sobre os postos cubertos e sen cubrir en limpeza viaria e de edificios públicos
- 10-Novembro-2011: 2 Preguntas ao alcalde e nota de prensa sobre o destino do persoal dos fondos de Cooperación Local para Obras no Casco Histórico.
- 11-Novembro-2011: Sobre o alarmante incremento do paro no noso concello e no país.
- 17-Novembro-2011: Sobre o crédito ICO que o PP vai a solicitar.
- 22-Novembro-2011: Preguntas sobre os datos da axencia de desenvolvemento local e clube de emprego e os datos de desemprego e plan de traballo previsto.
- 27-Novembro-2011: Sobre os orzamentos da Xunta para o ano 2012.
- 20-Decembro-2011: Preguntas no Concello de Cangas e no Parlamento Galego a través do grupo parlamentar sobre a conserveira de Paganini.
- 29-Decembro-2011: 1ª nota sobre os orzamentos que presenta o PP de Cangas para o ano 2012
Ningún comentario:
Publicar un comentario