PUNTO 4.- ORDENANZA SOBRE MEDIDAS DE SIMPLIFICACIÓN ADMINISTRATIVA EN MATERIA DE IMPLANTACIÓN DE ACTIVIDADES.
Esta ordenanza dítase para dar cumprimento, neste eido municipal ao mandato contido na Disposición Adicional 8ª da Lei 2/2011, de 4 de marzo, de economía sostible e ten por obxecto regular os procedementos de intervención municipal para habilitar ou autorizar o exercicio de actividades e a prestación de servizos, así como a execución de determinadas obras menores que pola súa menor entidade e incidencia urbanística e medio-ambiental someteranse, respectivamente, á presentación dunha declaración responsable, comunicación previa ou a unha tramitación simplificada a través de actuacións comunicadas conforme ao determinado na Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, Real Decreto-lei 19/2012, do 25 de maio, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos no título II, baixo o epígrafe de “competitividade” e demais normativa estatal e autonómica de transposición da Directiva de Servizos 2006/123 CE. e da Lei 8/2012, de 29 de xuño, de vivenda de Galicia que dispón: “Sen prexuízo do establecido no apartado anterior, os concellos poderán establecer procedementos abreviados de obtención de licenzas de obras menores no mesmo momento da solicitude.”
A sustitución das licencias previas por unha Declaración Responsable do titular da actividade, sustituindo o control administrativo previo por un “a posteriori” despraza o traballo inicial cara o interesado limitando as tarefas administrativas a un mero control que incluso, segundo a nova lei estatal, podería depositarse total ou parcialmente en mans privadas.
A pesar de ser un documento amplo que pretende remover os atrancos burocráticos e facilitar á veciñanza as xestións para que poidan executar as reparacións menores ás e/ou a apertura de establecementos… que veñen obrigados, tentando que o que se esixe por imperativo da lexislación ademais de obligatorio sexa doado de cumprir, ten moitas lagoas, entre elas e xa comentado na comisión informativa, non figura un tempo máximo para esa inspección posterior. Canto tempo transcurrirá ata completarse o expediente coa dilixencia de conforme? E no caso de obras menores, se estas non se corresponden co solicitado e non hai límite máximo de tempo de inspección estas obras “ilegais” estarían feitas indefinidamente ou ata que se pase por alí o inspector de turno?
O BNG de Cangas xa se posicionou contra o RD Lei 19/2012 e unha das razón principais é a invasión de competencias e porque ao noso entender estas medidas van dirixidas maioritariamente a satisfacer a demanda das grandes áreas e van introducir desequilibrios importantes entre diferentes formatos comerciais, nin son demandadas polo propio sector nin polas persoas consumidoras nin responden ás verdadeiras necesidades da actividade comercial que sumadas á suba do IVE, ao galopante desemprego e á previsible liberalización total do comercio só van afondar no peche de establecementos e destrucción de emprego.
Decíamos entón que a Xunta debería defender as competencias que xa están atribuidas a cada administración e promover un recurso de inconstitucionalidade contra os reais decretos de Rajoy, Feijoo fai seguidismo das nefastas políticas estatais e o goberno de Cangas como non podía ser menos, tamén traga co que dictan dende Madrid.
O noso voto é en contra, incidimos que o necesario é apoiar o financiamento das empresas e comercio a través de liñas específicas do Goberno galego así como a creación dunha “banca pública” destinada a potenciar o tecido productivo galego e non sacar ordenanzas a dictado dos seus irmáns maiores que non axudan e incluso descargan traballo administrativo nos propios cidadáns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario