venres, 17 de agosto de 2012

Solicitude convocatoria urxente da comisión de urbanismo e xunta de portavoces Para información e acordos urbanísticos asi como información directa aos afectados polo plan de mobilidade viaria do morrazo


O  BNG de Cangas presentou varios rogos e preguntas relativas a temas urbanísticos de suficiente importancia para ter convocado unha xunta de portavoces e a comisión de urbanismo sen que por parte do goberno municipal se tiveran en conta e sen resposta algunha por parte do sr. alcalde.

O BNG, mostrando a súa preocupación polo curto período de exposición pública do Plan Viario do Morrazo e pola falta de información directa aos afectados instou ao goberno municipal á solicitude de ampliación de prazo de exposición do proxecto, sen ter resposta directa por parte do goberno e a alcaldía que pretende ignorar a segunda forza política deste concello que está a presentar iniciativas serias e necesarias, e tras un acordo no mesmo sentido por parte da corporación municipal do concello de Moaña, semella que a nosa demanda, coincidente coa comisión de Afectados polo Proxecto de Circunvalación, foi tomada en consideración e que a Consellería ampliará o prazo ata o vindeiro 28 de setembro segundo a información recollida nos medios.

Máis este grupo municipal entende que é necesario e urxente a convocatoria da xunta de portavoces e unha comisión de urbanismo para tratar este tema onde se acordaría un calendario de xuntanzas informativas cos 
afectados e técnicos da consellería e municipais para unha información clara e acordos relativos ás alegacións que este concello debe presentar a este proxecto.

Este grupo municipal reitera as súas solicitudes para súa resposta escrita e urxente tramitación, considerando fundamental dar pasos nos seguintes sentidos:


  • Solicitude do goberno municipal á Consellería da posta a disposición de técnicos da mesma para información aos grupos políticos, colectivos sociais e afectados.
  • Convocatoria dunha Xunta de Portavoces e a Comisión de Urbanismo co fin de acordar as alegacións que a corporación poida presentar no período de exposición pública así como o estudo de novas propostas de viais e/ou melloras no proxecto.
  • Acordo na Xunta de Portavoces de un calendario de xuntanzas informativas, propoñendo o auditorio municipal coma primeira localización no prazo non superior a 5 días, coa presenza dos técnicos da Consellería e municipais para explicación aos veciños e veciñas e colectivos sociais do Plan de Mobilidade Viaria do Morrazo.
  • Convocatoria da Xunta de Portavoces para tratar á solicitude da Comisión de Afectados polo Proxecto de Circunvalación incluido no Plan de Mobilidade Viaria do Morrazo.


Cangas, 17 de agosto de 2012



Asdo.
M. Mercedes Giráldez Santos
Grupo Municipal do BNG

Ningún comentario:

Publicar un comentario