Despois de meses de espera, a última xuntanza foi no mes de setembro do 2011, do anuncio por parte do concelleiro de urbanismo da convocatoria dunha reunión informativa no mes de maio que non tivo lugar, entregouse aos grupos políticos unha copia dixital da xustificación de adaptación do Pxom ao POL no día de hoxe, 17 de agosto de 2012, sen ter tratado este asunto tal e como nos prometera o concelleiro.
Este grupo municipal considera que coa entrega desta copia, sen convocar á comisión informativa de urbanismo e sen explicación sobre os acordos acadados entre o goberno bipartito e o equipo redactor, remitindo á oposición exclusivamente ás notas que publican nos medios, este goberno bipartito municipal elimina a tan prometida transparencia e exclue aos grupos da corporación dos temas máis importantes para o desenvolvemento futuro de Cangas.
O Grupo Municipal do BNG de Cangas polo exposto solicita para súa urxente tramitación:
A convocatoria urxente da Comisión Informativa de Urbanismo para tratar a situación actual do PXOM de Cangas e coñecer os acordos entre o grupo de goberno e o equipo redactor.
Cangas, 17 de agosto de 2012
Asdo.
M. Mercedes Giráldez Santos
Grupo Municipal do BNG
Ningún comentario:
Publicar un comentario