A estrada provincial Avda de Lugo-Boubeta en Coiro presenta desde fai anos graves deficiencias, a Deputación Provincial debe invertir nos viais da súa titularidade para garantir que estean nas mellores condicións de seguridade.
No ano 2009 actuouse pavimentando o tramo desde a Avda de Lugo ata a piscina, actuación polémica ao ter que parchear de novo só tres meses despois, pero non continuaron coa pavimentación nin a dotación de beiraruas ata a Boubeta como é necesario. En febreiro de este ano o presidente da Deputación e o alcalde de Cangas anunciaron actuacións neste víal, o alcalde, mesmo explicou que o concello xa tiña conseguido as cesións para ensanchar e dotar de beiraruas, polos dous márxenes, o tramo indicado incluindo o centro de ensino e o cementerio.
Malia que a día de hoxe nada sabemos desde proxecto e da tan necesaria inversión nesta estrada provincial onde o tráfico rodado é cada día máis fluido e o tráfico de peóns máis numeroso pola unión co centro de Cangas ten unha grave situación de perigo ao carecer de beirarúas e invadir os viandantes o carril de vehículos rodados e o BNG considera imprescincible unha actuación urxente. O tramo Avda. Lugo – Boubeta é unha demanda histórica desta parroquia que ademais inclue o acceso a un centro educativo e ao cementerio parroquial, rematar esta obra garantindo maior seguridade aos veciños da parroquia de Coiro que se desprazan diariamente por esta estrada tanto en vehículos como a pé poría fin á débeda con Coiro.
O BNG tamén quer facer fincapé na necesidade urxente de limpeza e desbroce das estradas provinciais na parroquia de Coiro onde a maleza invade as estradas e tapona a recollida de augas das cunetas obrigando a vehículos e peóns a transitar polo centro con grave risco para a seguridade.
Nestes momentos ademais, que a Xunta de Galicia presentou o Plan viario de O Morrazo que inclúe as circunvalacións de Cangas e que o concello anuncia a presentación de alegacións para incluir a dotación de rotondas aos enlaces da estradas máis concurridas entre as que se atopa o cruce do Galas, o BNG de Cangas entende que é imprescindible unha actuación global que inclúa mediante un convenio de colaboración os viais de competencia provincial para actuar e paliar a grave situación destas estradas na nosa comarca.
Polo exposto o Grupo Municipal do BNG presenta ante o Pleno da Corporación os seguintes acordos:
1.- Instar á Deputación Provincial de Pontevedra para a actuación urxente de mellora, ensanche e dotación de beiraruas na estrada da súa titularidade Avda. Lugo – Boubeta na parroquia de Coiro.
2.- Instar á Xunta de Galicia a incluir no Plan de Movilidade viaria de O Morrazo a mellora das estradas provinciais mediante un convenio de colaboración Xunta-Deputación.
3.- Instar á Deputación Provincial á urxente limpeza e desbroce dos viais da súa titularidade na parroquia de Coiro.
Cangas, 30 de xullo de 2012
Asdo.
M. Mercedes Giráldez Santos
Grupo Municipal do BNG de Cangas
Ningún comentario:
Publicar un comentario